500.000 visitas ó catálogo da biblioteca
O catálogo da biblioteca xa supera as 500.000 consultas efectuadas desde que se iniciou o seu uso e difusión a finais de 2007, que rematou con máis de 10.000 consultas, que se aumentaron en case 110.000 en 2008 e en máis de 200.000 en 2009, facendo un total de máis de 300.000 consultas a principios deste ano.
| Estatísticas e consultas efectuadas | |
| Biblioteca | O Saviñao - B.P.M. de O Saviñao |
| Nº visitas | 503.334 |
| Consultas feitas no Catálogo | |||
| Dende data | Ata data | ||
[Captura de pantalla da consulta de uso do catálogo web]
Para que a fiabilidade do estado de dispoñibilidade dun título sexa o máis exacta posible, o catálogo actualízase case a diario incluíndo as novas incorporacións e os últimos préstamos e devolucións.
Na páxina do catálogo web, inclúese:
- listado das últimas incorporacións,
- listado dos máis emprestados dos 6 últimos meses,
- información diversa: servizos que se ofrecen, o tempo previsto para o concello nos vindeiros días, mapa-foto aérea de situación, relación de premios concedidos á biblioteca, ...
- servizos de acceso en liña,
- acceso ó catálogo doutras bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia,
- etc.
Ademais hai diversas xestións que se poden realizar a través da web ademais de consultar o fondo: reservar un libro, facer suxerencias de compra, consultar dúbidas, ...