biblioburro
Estase a desenvolver en Gijón o V Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas, co lema "biblioteca pública y contenidos digitales: retos y oportunidades", tema de grande interese na actualidade, posto que se están a incluir novos formatos e soportes no fondo que as bibliotecas ofrecen ós seus usuarios na actualidade.
A pesar do grande avance nas novas tecnoloxías, aínda hai lugares no mundo nos que o acceso á información, ós libros, supón un gran esforzo. Un exemplo é o que vemos no seguinte vídeo:
Traballo moi meritorio, que merece o noso máis grande recoñecemento polo esforzo persoal que supoñen.