libros reciclados
Hoxe, un novo exemplo de biblioteca levada adiante con moito esforzo e sacrificio.
José Alberto Gutiérrez, grazas ó seu gusto polos libros, e ó seu traballo como condutor de recollida de lixo, rescatou moitos libros, iniciando con Ana Karenina de Tolstoi a súa biblioteca "La fuerza de las palabras", no barrio La Nueva Gloria en San Cristóbal Sur (Bogotá) onde non había ningunha biblioteca. É máis, montou a biblioteca na súa propia casa.
Un novo exemplo de esforzo por levar os libros a onde non os hai. Desde aquí, o noso máis grande recoñecemento!