Certame de Poesía Infantil "Nadal 2010"
Xa está convocado o CERTAME DE POESÍA INFANTIL "NADAL 2010" (Fase local).
AVISO:
O obradoiro de poesía suspéndese ata o 2011 por enfermidade do autor. Avisarase da nova data de celebración.
Ademais terá lugar un Obradoiro de iniciación á poesía o día 17 ás 19.00 h. na sala infantil da biblioteca para rapaces de 7 a 12 anos preferentemente. Terá lugar da man do poeta Xoán Neira López, autor de libros como Farrapos de Nube, Xiz de cor e No cubil da Lúa. Coma sempre, recoméndase anotarse para ter materiais suficientes para todos.
As bases do Certame de Poesía son as seguintes:
Certame de Poesía Infantil "Nadal 2010"
- Convocatoria Local -
A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o CERTAME DE POESÍA INFANTIL "NADAL 2010" (Fase local), de acordo coas seguintes
1.- Poden participar tódolos nenos e nenas, con poemas sobre o tema xenérico de "O NADAL".
2.- Establécense tres categorías:
- A, ata 8 anos,
- B, de 9 a 11 anos,
- C, de 12 a 16 anos.
3.- Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor (sobre todo o número de teléfono de contacto).
4.- O prazo de presentación dos poemas rematará o 21 de decembro de 2010, debendo ser entregados polos seus autores en calquera das BIBLIOTECAS PÚBLICAS MUNICIPAIS (tanto en Escairón coma en Currelos).
5.- Un xurado, formado por entendidos na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros.
6.- Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
7.- O fallo do xurado local farase público na primeira quincena de xaneiro do 2010.
A data de entrega de premios e diplomas ós participantes darase a coñecer na biblioteca.
Cos traballos seleccionados na fase provincial editarase unha publicación. Os traballos publicados en anteriores edicións pódense consultar na biblioteca. As portadas pódense ver na wiki da biblioteca.