proposta para o día do pai
Velaquí unhas sinxelas instrucións para facer na casa a tarxeta que lle presentaremos ó papá para felicitalo polo Día do Pai que se celebra este sábado 19.
Faremos unha tarxeta moi sinxela, para a cal precisaremos:
- 1 cartolina branca (ou dúas de cores distintas),
- tesoiras
- pegamento
- cores (se a cartulina é branca).
A forma de facer a tarxeta é a que segue (se non consegues debuxar o modelo, podes imprimilo premendo en [imprimir modelo] que está debaixo do debuxo:
- Debuxamos dous rectángulos xuntos en vertical, rematados en triángulo:

- Engadimos detalles coma botóns, peto e pano (pódense debuxar ou recortar e pegar):
- Debuxamos unha garavata, recortámola e pegámola sobre o modelo anterior:

- Dobramos os triángulos cara abaixo para facer o colo da camisa e obteremos o seguinte resultado:

- Se as cartolinas eran brancas, procederemos a darlle cor a todo o conxunto. O resultado final pódese parecer ó seguinte:
- Finalmente escribimos pola parte traseira a nosa felicitación.
Tamén podemos usar papel de regalo para pegar na cartolina e darlle outro "toque" á camisa.
Podedes facer unha foto da vosa tarxeta e mandala á biblioteca, publicarémola aquí.
