actividade biblioteca de currelos (II)
Os participantes no obradoiro de ilustración co ilustrador galego Anxo Fariña pasárono de marabilla.
Empezamos aprendendo que calquera obxecto se pode caracterizar para convertirse nunha personaxe, pero tamén nos podemos inspirar en alguén que coñezamos, e que despois de anotar ideas as podemos usar ou descartar durante o proceso de creación da nosa personaxe.
Anxo Fariña mostrounos a súa habilidade para debuxar improvisando coas suxerencias que lle fixemos, e tamén como crea a personaxe Cachotrabada dos libros da colección A monstroescola.
O que aprendemos, pode ser aplicado á hora de crear os debuxos sobre A MENTIRA para participar no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2011 que se poden presentar ata mediada a semana que vén.
Podemos ver varias imaxes do evento:
bpmsavinao dijo
Pódense ver máis vídeos da biblioteca e das actividades no canal de youtube da biblioteca no seguinte enlace:
http://www.youtube.com/user/bpmsavinao
5 Mayo 2011 | 07:07 PM