entrega de premios do Certame Letras Galegas 2011
Os galardoados na fase local están convidados a pasar a recoller os seus agasallos na Biblioteca Municipal do Saviñao (Escairón) o martes 28, ás 12.00 na sala infantil-xuvenil onde vén sendo habitual que se celebre a entrega de premios.
A continuación, conmemoraremos o Día Mundial dos Bosques Tropicais e o Día Mundial das Árbores, deleitándonos coas historias que nos trae a Soñadora das Árbores (Raquel Queizás), quen tamén visitará a biblioteca de Currelos o mesmo día pero pola tarde ás 16.00 h.
Pódense ver, expostas na Biblioteca, copias dos traballos premiados. Os traballos que non resultaron galardoados, poderanse recoller na Biblioteca ata a data de entrega dos premios.
Se na fase provincial do Certame resultase premiado algún dos traballos presentados nesta biblioteca, darase a coñecer tamén no blog.
