Publicidad:
Terra
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

13 Julio 2011

internet, novas tecnoloxías e libros

El Libro Total é un novidoso proxecto creado en Colombia, que rescata os grandes clásicos da literatura (libres de dereitos de autor) constituindo unha das bibliotecas dixitais gratuitas máis grandes de América Latina. Permite incluso "regalar" por correo electrónico estas lecturas. Presenta unha navegación bastante sinxela e intuitiva, e facilita en todo momento ver como se chegou á obra que se está a ver. Ademais presenta en cada nivel unha relación de obras relacionadas con ese título ou autor que resulta moi práctica.

Podemos atopar moitísimas obras interesantes, lecturas para encher moitas horas. Entre elas, Cantares Gallegos de Rosalía de Castro (España Total-Autores-Rosalía de Castro; ou España Total-Títulos-Título), ou as cartas de Cristóbal Colón ós Reis de Castela na que creu a súa Viaxe ás Indias (España Total-Autores-Cristóbal Colón). Que curiosidades nos podedes recomendar?

Noutro tipo de lectura, podemos ver neste vídeo cara a onde vai camiñar (ou está xa camiñando) a edición de libros en formato electrónico para o futuro:

Trátase dun libro interactivo para iPad en versión integral, contén gráficos, mapas e fotos interactivos e numerosos vídeos coplementando o texto para ofrecer unha visión máis ampla do contido. Titúlase "Our Choice" (A nosa elección), e está escrito por Al Gore como secuela de Unha verdade incómoda.

servido por BPM sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de BPM

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

O Savinao, España
ver perfil »
contacto »

visitantes visitantes

Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.

Consta de 3 andares:
· 1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
· 2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración.
· 3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).

HORARIO (luns a venres):
· Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
· Verán:      8.00-15.00

ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)

CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

Bloguzz Bloguzz

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera