Certame de Poesía Infantil "Nadal 2011"
[Traballos gañadores do Certame 2009]
Xa está convocado o
Certame de Poesía Infantil "Nadal 2011"
- Convocatoria Local -
A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o CERTAME DE POESÍA INFANTIL "NADAL 2011" (Fase local), de acordo coas seguintes
1.- Poden participar tódolos nenos e nenas, con poemas sobre o tema xenérico de "O NADAL".
2.- Establécense tres categorías:
- A, ata 8 anos,
- B, de 9 a 11 anos,
- C, de 12 a 16 anos.
3.- Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor (sobre todo o número de teléfono de contacto).
4.- O prazo de presentación dos poemas rematará o 20 de decembro de 2011, debendo ser entregados polos seus autores en calquera das BIBLIOTECAS PÚBLICAS MUNICIPAIS (tanto en Escairón coma en Currelos).
5.- Un xurado, formado por entendidos na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros.
6.- Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
7.- O fallo do xurado local farase público na primeira quincena de xaneiro do 2011.
8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
10.- A presentación das obras a este certame supón a aceptación das presentes bases.
NOTAS:
A data de entrega de premios e diplomas ós participantes darase a coñecer na biblioteca.
Cos traballos seleccionados na fase provincial editarase unha publicación. Os traballos publicados en anteriores edicións pódense consultar na biblioteca. As portadas pódense ver na wiki da biblioteca.

