premios 'María Moliner' 2011

Acaba de darse a coñecer a resolución da "XIV Campaña María Moliner de Animación á Lectura en concellos de menos de 50.000 habitantes, que convoca anualmente o Ministerio de Cultura en colaboración coa Federación Española de Municipios y Provincias e a Fundación Coca-Cola España.
Estes premios, que recoñecen os mellores proxectos de animación á lectura desenvolvidos polas bibliotecas de concellos de menos de 50.000 habitantes de toda España, recaeron este ano nas seguintes bibliotecas: Tuéjar (Valencia), Pozoblanco (Córdoba) e Oleiros (A Coruña)
De entre os 300 proxectos seleccionados este ano a nivel nacional , foron recoñecidos os presentados por 27 bibliotecas galegas, entre as cales se atopa novamente, e por 4ª vez
A PROGRAMACIÓN DAS
BIBLIOTECAS DO CONCELLO DO SAVIÑAO,
na que se inclúen as actividades desenvoltas nos dous centros bibliotecarios do concello. Desde a Axencia de Lectura de Currelos e a Biblioteca de Escairón, queremos agradecer a todos os asistentes ás actividades que organizamos. a súa participación e colaboración, posto que sen eles non tería sido posible concorrer a este certame. Así mesmo, animamos a quen aínda non o fixera, a participar e colaborar nas actividades que se organizan.
Pódese consultar a lista oficial de bibliotecas premiadas, e tamén o listado das campañas anteriores.