obradoiros infantís de nadal
Este nadal, realizaremos varios obradoiros relacionados co uso dos recursos dispoñibles na biblioteca e de liberación da creatividade dos participantes.

* Que é e como se escribe a poesía? E para que serve?
A finalidade deste obradoiro é que os participantes sexan capaces de recoñecer unha poesía e adquiran unhas pautas básicas para a súa creación, e así se animen a presentar as súas obras nos certames de poesía que convocamos anualmente. Ademais, descubrirán que hai distintos tipos de poemas, algúns tan gráficos coma un debuxo... e moito máis bonitos. Veremos cantas cousas están escritas en forma de poesía (cancións, refráns, anuncios,...).
* Que narices é un dicionario e para que me serve se xa o podo buscar en internet?
A finalidade deste obradoiro é que os participantes sexan capaces de usar o alfabeto para buscar información do seu interese non só nun dicionario ou enciclopedia, senon en moitos outros sitios onde esta aparece relacionada a información de forma alfabética, incluso en páxinas de internet (por exemplo un listado de cancións dun grupo musical, de libros dun autor determinado), saber por que está ordeada así a lista de alumnos da súa clase,.... Ademais serán capaces de localizar na biblioteca un libro coñecendo a súa localización topográfica. Xogaremos a atopar os libros e competiremos por equipos para localizalos todos. Ademais descubriremos que non sempre en internet atopamos a información correcta.
* Contacontos
Faremos ademais unha sesión de contacontos en xaneiro.
Estas actividades faranse os días 22 e 30 de decembro e o 5 de xaneiro.
A hora e posibles variacións de data, anunciaranse na biblioteca.