concurso de fotografía "Momentos de Lectura"
Volvemos avisar do concurso fotográfico da Fundación Alonso Quijano, é o V Concurso de fotografía "Momentos de Lectura".
Pódense enviar as fotos relacionadas coa lectura ata o 30 de abril de 2012.
O 1º premio consistirá nun libro electrónico Papyre.613. O 2º premio é a publicación das 12 mellores fotografías no Calendario de la Lectrua 2013. O fallo do xurado darase a coñecer o 20 de maio na web da Fundación Alonso Quijano, na que ademais se celebrará unha exposición virtual coas 40 fotos mellor valoradas polo xurado desde o 16 de xuño ó 16 de setembro de 2012. Para máis información consulta as bases na páxina da Fundación.
[para ver o cartel en grande, preme co botón dereito sobre el e dille "Ver imaxe"]
A Fundación Alonso Quijano, é a editora da revista Mi biblioteca. A portada do número de xaneiro deste ano podémola ver aquí:
[pulsando na portada imos á web da revista para ver o último número]
Se che interesa a revista, podes consultala na biblioteca porque estamos suscritos a ela desde o primeiro número.
