13 Octubre 2009

A exposición estacional de fondos, ubicada na entrada, dá a benvida e sorprende ós usuarios que desde hoxe acoden á biblioteca. Está composta por libros, pero tamén por froitos e plantas.
É unha exposición viva / morta que irá cambiando diariamente: as follas e froitos irán madurando e murchando co paso dos días, e as plantas sorprenderán coa súa evolución, pois irán medrando, soltando a folla (árbores) ou morrendo (plantas silvestres) segundo o seu ciclo vital.


Os libros que forman parte da exposición tratan principalmente sobre setas (como recoñecelas, como cociñalas) ou teñen temática sobre a estación, son libros para todos os públicos. Por certo, son libros que se poden levar para a casa.
servido por bpmsavinao
1 comentario
compártelo
28 Septiembre 2009
Acaba de ingresar no fondo documental da biblioteca o libro Genealogía y memorias de un cura rural, de don José Vázquez (párroco de Escairón desde 1990), cheo de anécdotas de toda a comarca.

Pódense consultar o resto de novidades no catálogo coma sempre na web da biblioteca, ou do resto de bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia.
No mes de outubro, comezaremos unhas xornadas de uso básico dos recursos que ofrece a biblioteca desde a páxina web: consulta de enciclopedias, facer suxerencias, reservar obras,...
servido por bpmsavinao
sin comentarios
compártelo
18 Septiembre 2009
Estreamos servizo: "SUXESTIÓNS DE COMPRA".
Se queres ler algún libro que non atopas na biblioteca, só tés que suxerirnos que o compremos. Para facelo, tés varias opcións:
- escribindo a suxestión nunha folla e introducíndoa na caixa de "suxestión de compra" que atoparás na biblioteca.
- accedendo ó apartado Suxestións (escolle "Suxestión de compra" no menú despregable) desde a páxina web do catálogo da biblioteca, no menú de Xestións en liña,.
O máis pronto posible estará á túa disposición, na medida das nosas posibilidades.
Mentres agardas e pensas que queres ler, entretente con este vídeo de libros.
La vida secreta de los libros 2:
servido por bpmsavinao
sin comentarios
compártelo
9 Septiembre 2009
Acaban de instalarnos os novos monitores que substitúen ós antigos, que levaban meses fallando.
Gústanvos?
Espero que os desfrutedes.
servido por bpmsavinao
1 comentario
compártelo
9 Septiembre 2009
Os libros non son aburridos, teñen sorpresas para nós, como se pode ver no seguinte vídeo.
La vida secreta de los libros:
Na biblioteca pódense atopar libros con recomendacións para estudar mellor, que poden axudar a dedicar menos tempo a estudar e máis a pasalo ben, posto que ensinan a aproveitar mellor o tempo de estudo.
¿Queres probar?
Ademais hai libros de manualidades, nos que podemos atopar trucos para facer lapiceiros, personalizar os portalápices, cadernos e libros, etc.
servido por bpmsavinao
sin comentarios
compártelo
26 Agosto 2009
Este verás foron furor as coleccións/sagas.
As 5 que máis éxito tiveron e teñen neste momento son:
-Crepúsculo

-Millennium

-Un mundo curioso y fantástico

-Los tres del misterio

-Animaliadas

Tamén destacan El juego del ángel (2ª parte de La sombra del viento), e as obras autobiográficas Lo es xunto con Las cenizas de Angela de Frank Mc Court que finou o pasado mes de xullo.
La ladrona de libros de Markus Zusak.
servido por bpmsavinao
sin comentarios
compártelo
17 Agosto 2009
A biblioteca agradece a quen a pon como exemplo de bibliotecas que fan cousas con poucos recursos e boa vontade, de quen consegue darlle visibilidade a unha biblioteca fóra do lugar onde se atopa aproveitando as posibilidades que brinda internet tamén para un lugar que conta cunha poboación de apenas 5.000 habitantes.
E como é de ben nacidos ser ben agradecidos, aquí queda o agradecemento a Catuxa Seoane (creadora do blog deakialli entre outros varios), á que teño atopado nalgunha conferencia sobre novas tecnoloxías e bibliotecas, falando deste blog e sacándome a vea tímida ó dicir en voz alta que quen o facía estaba na sala. Este blog tén moito que lle agradecer, pois sen ela non existiría. Ela menciónanos nas páxinas 28 e 33 dunha conferencia que presentou ó IX Coloquio Internacional de Tecnologias Aplicadas a los Servicios de Información, celebrado en outubro do 2008 en Venezuela. Que se di pronto, pero alén dos mares falouse desta biblioteca, e falouse ben.


Agradecer tamén ós seguintes blogs: bibliotecas municipais, biblioteca de Corcubión que nos enlazan.
Se atopades máis referencias noutras páxinas á biblioteca, compartídeas nos comentarios.
servido por bpmsavinao
2 comentarios
compártelo
10 Agosto 2009

Mantemos na biblioteca un espazo para que os nenos debuxen, coloreen e pinten. Poden tamén facelo na casa imprimindo as láminas das súas series e películas favoritas, descargables nos seguintes enderezos web:
Up, una aventura de altura
Polly Pocket
La Edad de Hielo
Piratas del Caribe
Bratz
Winx
Outras páxinas nas que atopar actividades para este verán:
debuxos para colorear, selección de actividades e debuxos, actividades de paprioflexia, recortables.
Ademais dos libros que hai para entreterse.
Podes consultar as novidades infantís, xuvenís e de adultos.
servido por bpmsavinao
sin comentarios
compártelo